|
Nace na parroquia de Merza, Vila de Cruces.
Comenza os estudus musicais no seo da banda artística de Merza no ano 1977. Logo cursa estudos de solfeo, clarinete e canto coral no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela e asiste a cursos de clarinete con outros mestres.
Como clarinetista exerce na banda artística de Merza dende o ano 1979 e colaborou coa banda sinfónica do Deza, sendo o seu director Xosé Casal, coa banda de Agolada, sendo esta dirixida por Xosé Collazo e coa banda de Alongos baixo a batuta de Alejandro del Rio. Fopi membro fundador do trio de vento Assai. Colaborou na creación do grupo de gaitas O Arco de Merza.
Foi mestre de clarinete e solfeo na escola de música de Vila de Cruces.
Compón para conxunto coral mixto "Nuestra Señora de Hoyvas" e a habanera "Fucheste un día" con texto de Pablo Viz, e para o grupo de gaitas a "Muiñeira da Solaina e Xota para Xoán", ademáis dispón de varios arranxos para coral.
Dende o ano 1995 dirixe a Coral Polifónica de Piloño.
Dende finais de 2019 é mestre na escola de Gaitas Os Dezas de Moneixas.
Dende novembro de 2021 dirixe a Coral Pôlifónica Caldas de Reis
|