A NOSA HISTORIA

A Coral Polifónica de Caldas de Reis, constitúese o 4 de novembro de 1996. Nace impulsada pola  nostalxia daquela outra Coral que en tempos pasados dou tantos días de gloria a vila de Caldas de Reis.
As actividades que desenvolve a Coral, a parte de ofrecer concertos de música, inclúen: Promover actos culturais de todo tipo, e ser un foco de expansión cultural dentro da zona.

A Coral foi dirixida desde a súa fundación ata o ano 2009 por D. Xaquín Barreira Pereira e ata abril de 2017 por Dona Sonia Bouzada Pérez. Na actualidade o Director en D. Mateo Iglesias Seoane
Os compoñentes están dispostos nas catro cordas tradicionais: Sopranos, Contraltos, Tenores e Baixos.
O seu repertorio está formado por música do período comprendido entre o século XVI e os nosos días, con especial atención ó repertorio sacro e popular da idade de ouro da polifonía clásica.

A Entidade percorreu un longo camiño de actividades como coral polifónica, intervindo en concertos, de gran prestixio, celebrados ó longo da comunidade galega, como os de Nadal, Letras Galegas, San Roque, Santa Cecilia, Galicia Cantat, Misa do Peregrino na Catedral de Santiago no Ano Santo-2004, Música Sacra, Música do Renacemento, Participación no 125 Aniversario do Asilo de Anciáns e no 50 Aniversario dos P.P. Somascos.

Grava un CD denominado CANTEMOS NADAL 2000, e edita boletíns de divulgación de canto coral denominado “CANTEMOS”.

En decembro do ano 2008 a Coral estivo en Roma e no Vaticano, onde participou en varios actos: Misa na Basílica de San Pedro no Vaticano, Misa na Basílica de Santa María la Mayor, actuación no acto de veneración que a súa Santidade o Papa Bieito XVI e o pobo de Roma ofreceron á Virxe na Praza de España, Recital de Panxoliñas e Cantos populares na Embaixada de España ante a Santa Sede.




Seleccionada pola Xunta e Fecoga para o V Certame de Corais ‘EN CLAVE CORAL’ en Novembro de 2010 en Caldas de Reis como Coral anfitriona compartiu dito certame coa Coral Hospital Calde Lugo e a Coral Polifónica de Cariñ



Tlfnos.:-- 607 46 99 42 -- 675 51 04 76                          Coral Polifónica de Caldas de Reis ©2013 - Todos os dereitos reservados                                    Correo electrónico: coralcaldas@gmail.com