O NOSO COMEZO

      Os antigos compoñentes da  primeira Coral, daquela os máis novos, queren un novo milagre: que a xuventude de Caldas recolla o testigo e den de novo vida a Polifónica.

  Quiquina González, bibliotecaria de Caldas, José Froján e Jesús González, os tres ex membros da primeira Coral e en nome de todos os compañeiros,  fan un chamamento a todos aqueles interesados no canto, na música, na polifonía, para que reinicien o que rematou no ano 1948.

    Así, o 4 de novembro de 1996,  rexurde de novo a Coral Polifónica de Caldas de Reis.

 

 

Tlfnos.: - 607 469 942-- 675 510 476                           Coral Polifónica de Caldas de Reis ©2013 - Todos os dereitos reservados                                    Correo electrónico: coralcaldas@gmail.com