CONCERTOS ANO 2013

CONCERTO SEMANA SANTA.  (cartel)  (programa)cartel semana santa 2013(fotos do concerto) (videos)  (audicións)
O día 24 de marzo, ás 20:00 horas, na Igrexa de Santo Tomás de Caldas de Reis,  a Coral Polifónica Caldas de Reis celebrará o Concerto de Semana Santa coa participación de:

SOLISTAS SOPRANOS: Rosana Domínguez e Beatriz Vázquez
SOLISTA MEZZOSOPRANO: Sonia Bouzada
PIANISTA: Miguel Costas
ORGANISTA: Joaquín Barreira

Interpretarán: Stabat Mater .- Misa de Gounod ( Agnus, Kyrie e Santus)

       

 

 

CONCERTO PRIMAVERA (CARRAL- CORUÑA) (programa)  (video)    
O 25 de maio ás 20 horas a Coral Polifónica Caldas de Reis,  a Coral Polifónica de Mera e a Coral Polifónica "Aires de Carral" participarán no Concerto Primavera que se celebra no Concello de Carral (Coruña), organizado pola Asociación Cultural AIRES DE CARRAL.

 

CONCERTO VERÁN 2013 EN CALDAS DE REIS  (Cartel) (Programa) (video)

O 6 de xullo ás 20:45 a Coral Polifónica Caldas Reis organiza e participa no Concerto de verán xunto coas corais Polifónica de Bergantiños (Carballo-Coruña) e a Polifónica Estradense (A Estrada-Pontevedra).   

Colaboran neste Concerto a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Ilmo. Concello de Caldas de Reis e FECOGA (Federación de Corais Galegas).

Celebrarémolo na Igrexa Parroquial de Santo Tomás de Caldas de Reis.

 

 

 

 

CONCERTO SAN ROQUE 2013 ( cartel coral ) ( cartel xuvenil ) ( programa ) ( Video coro xuvenil )

O 16 de agosto ás 19 horas a Coral Polifónica Caldas Reis organiza o Concerto de San Roque  no que farán a súa presentación oficial o Grupo Xuvenil da Coral Polifónica Caldas de Reis. Este concerto terá lugar na Igrexa Parroquial de Santo Tomas con motivo das festas patronais de Caldas de Reis.

 

 

 

 

 



CONCERTO EN CUNTIS ("VIRGEN DE LOS DOLORES")  (Video )

O día 15 de setembro, ás 19 horas, a Coral Polifónica dará un
concerto na igrexa parroquial de Cuntis (Pontevedra)

 

 

 

 

 

 

GALA BENÉFICA CENTRO OCUPACIONAL SAIAR

O día 13 de decembro celebraremos unha gala benéfica a favor do Centro Ocupacional de Saiar, que terá lugar no hotel Sena de Caldas de Reis

CONCERTO DE NADAL EN BUEU: "XA CHEGA O NADAL" (programa)  (cartel)

O día 14 de decembro  participamos xunto co coro "Chorima" de Moaña e a Coral Polifónica de Bueu, organizadora do evento, no IVConcerto de Vilancicos "XA CHEGA O NADAL" que se celebra no auditorio do Centro Social do Mar de Bueu.

CONCERTO DE NADAL NO ASILO DE CALDAS DE REIS.

O día 26 de decembro, ás 18:30 horas, celebraremos, como todos os anos, o Concerto no asilo de Caldas de Reis.

CONCERTO DE NADAL EN CUNTIS

O día 28 de decembro participamos, xunto ás corais C Polifónica Cantares das Burgas (Cuntis), Coral de Pontecesures, Coral Airiños da Capela (A Coruña) e Coral San Fiz de Estacas (Cuntis), no Concerto de Nadal de Cuntis, que terá lugar na Igrexa Parroquial.

CONCERTO DE NADAL EN CALDAS DE REIS (Cartel)  (Programa)

O día 29 de decembro, ás 19:45 horas, celebramos, como en anos anteriores,  o Concerto de Nadal na Igrexa de Santo Tomás de Caldas de Reis

 

Tlfnos.: - 607 469 942-- 675 510 476                           Coral Polifónica de Caldas de Reis ©2013 - Todos os dereitos reservados                                    Correo electrónico: coralcaldas@gmail.com